Crean en Vigo un simulador de ventilación anticovid en interiores

1 minutes read

O simulador chámase Slidian e é unha marca do estudo de enxeñaría Vicus, especializado no sector naval desde 2007. Coa pandemia, ocorréuselles aplicar o coñecemento que xa teñen da dispersión de gases en buques millitares ou do confort nos balcóns dos cruceiros aos negocios de terra e, nomeadamente, á circulación aérea da covid. Entre os seus clientes xa se contan un ximnasio e unha distribuidora de plantas na área de Vigo. Este modelo virtual simula como circula o aire no interior dun local. Vale como recomendación antes de facer un investimento ou como suxerencia para facer unha reforma, porque recrea o espazo con todos os seus condicionantes.