En Rusia, unha empresa de mozos emprendedores creou un novo invento para marcar as distancias en tempos de pandemia. Trátase dun suadoiro que incorpora un telémetro de ultrasón e que activa unha alarma cando non se respecta a distancia social. Os seus creadores cren que pode ser un accesorio moi útil en museos, concertos e outros eventos. Este módulo para medir distancias pode comprarse por 4 euros a través de Internet. Co suadoiro, con todo, o prezo pode subir ata os 80 euros. A carcasa do dispositivo créase con impresoras 3D e vai cosida ao suadoiro.