Crean un test de saliva que detecta a covid-19 cun móbil en catro minutos

Un investigador coruñés que traballa nos EUA, César de la Fuente, deseñou un sistema baseado na electroquímica coas enfermidades infecciosas. Unha tecnoloxía que, ademais de barata e rápida, é moi fácil de usar: depositamos a mostra de saliva no chip e conectámola ao móbil a través dun porto USB. Este resultado chegaría aos catro minutos. A día de hoxe ten unha fiabilidade do 90%, pero o proxecto está aínda en ensaio clínico. Mentres agardan que as autoridades sanitarias o aproben, César e o seu equipo xa pensan en trasladar a fórmula a outras enfermidades. O test de diagnóstico barato pode ser unha solución para todos, incluídas as comunidades con menos recursos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha