Crean unha rede de custodia agraria na reserva Terras do Miño

1 minutes read

As producións gandeira e agrícola poden ser máis rendibles se incorporan prácticas de sustentabilidade co medio ambiente. Eso é o que van tentar aplicar e explicar os membros da rede de custodia agraria que se puxo en marcha en concellos do norte e centro de Lugo. Biodiversidade é a palabra clave nuns procesos que apostan polo mantemento e recuperación dos ecosistemas tradicionais.

A Política Agraria Comunitaria, que entra en vigor co ano novo, xa establece ecoesquemas e directivas orientados a unha agricultura cada vez máis ecolóxica e sustentable. Na rede de custodia Terras do Miño cren que esas normas poden servir de guía pero que é preciso afondar aínda máis no aspecto da biodiversidade e establecer unha alianza entre a produción de alimentos e a conservación da natureza.

Os promotores da rede din que non se trata de volver á agricultura de hai séculos senón de aproveitar as novas ferramentas para ser máis eficaces e respectuosos co medio.