Creando saúde | Vieiro segue cos programas de prevención destinados a escolares

2 minutes read

A asociación Vieiro continúa coa súa programación no ámbito escolar a través da implementación do programa “Creando saúde” en todos os C.E.I.P.S do municipio de Carballo polo que a entidade quere transmitir un curso máis o agradecemento pola gran acollida, a excelente disposición e facilidades dadas polos equipos directivos e claustros de profesores/as destes centros para poder levar a cabo este programa.

A poboación diana á que está dirixido “Creando saúde” é o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria.

Os tres bloques dos que se compón este programa son:

1.- Bloque 1: Constrúe

O obxectivo principal, é proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.

Consta de 4 sesións

2.- Bloque 2: Ti elixes

O seu fin esfacilitar información aos alumnos/as sobre as distintas substancias adictivas ás que poden ter acceso.

Está composto por 2 sesións

3.- Deas-conecta:

A súa finalidade é dotar de coñecementos básicos ao alumnado para a utilización das novas tecnoloxías dun modo saudable e responsable

Inclúe 3 sesións

O programa “Creando saúde” lévase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2023-2024. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.

Este programa é impartido por as/vos profesionais da Asociación Vieiro: DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga), TAMARA RODRÍGUEZ PEREIRA (educadora social) e JESÚS ADRIÁN PEREZ REALES (Psicólogo).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?