Cribado a 2.700 persoas de Santa Comba de entre 16 e 45 anos

1 minutes read

Santa Comba ten restricións de nivel medio alto, polo que está tomando as máximas precaucións na procura de veciños asintomáticos. Este xoves comezou o cribado entre os máis novos, 2.700 persoas de entre 16 e 45 anos recibiron a mensaxe do Sergas para facer a proba. Atópanse ben, pero poderían estar estendendo o virus sen sabelo. Xa hai 60 casos activos no concello, e moitos son de xente moza que saben que realizando unha sinxela proba se poden chegar a salvar vidas. En menos de dous días terán os resultados do cribado, pensado para cortar o avance da covid na comarca, pechada perimetralmente con Mazaricos e Negreira.