17
As probas están a desenvolverse no centro de saúde da localidade, en horario de mañá e tarde, e rematarán este domingo ás nove da noite. Os participantes esperan atallar a repunta de casos detectados no municipio o antes posible.
A Laracha ten nestes momentos 27 casos activos de covid-19. Cunha poboación de pouco máis de 11.400 veciños implica unha incidencia acumulada de algo máis de 236 casos por cada cen mil habitantes en catorce días. A expensas dos resultados deste cribado, a situación mellorou respecto deste pasado xoves e venres.