- Entre outras medidas, o termo municipal permanece pechado perimetralmente.
Unha ringleira de persoas, coa súa cita previa, agardaban á porta do centro de saúde de Vimianzo este luns para facer a proba PCR. É o terceiro cribado masivo que se fai nos últimos días en Vimianzo, ante o alarmante aumento de positivos por Covid-19. Desta volta estaban citados principalmente os profesionais que teñen máis contacto directo cos cidadáns. Con algo máis de 7.300 habitantes, a incidencia de casos positivos en Vimianzo,comeza a ser preocupante, aínda que a maioría presenta síntomas leves. «Para nós loxicamente é unha taxa moi elevada, moi procupante a situación que vivimos, nestes momentos xéranos angustia. Agardemos que coas medidas tomadas desde o venres que isto vaia mellor», di a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.