Madrid encaixou moi mal que Rabat non só permitise senón que alentase a chegada de 8000 migrantes a nado esta semana, moitos deles menores de idade, á cidade española de Ceuta, no norte de África. Este xoves, a ministra española de Defensa, Margarita Robles, lanzou unha seria advertencia ao país veciño pola súa actitude na fronteira: «Marrocos debe ter moi clara unha cousa: con España non se xoga… Non é aceptable desde ningún punto de vista poñer en xogo a vida de menores, de persoas do seu propio país, para un fin que, desde logo, non entendo, porque non poderán facelo con España», afirmou Robles. A ministra acusou de chantaxe ao Goberno do país norteafricano, que leva décadas reclamando a soberanía de Ceuta e Melilla, cidades que son españolas desde fai catrocentos corenta e un e cincocentos vinte e cinco anos respectivamente.