Crise no goberno socialista de Ponteceso

1 minutes read
  • Este martes produciuse o cese do conselleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Faustino Santiago Lema

Os rumores de crise no goberno socialista de Ponteceso levan un tempo rondando á alcaldía, pero afloraron moi rápido despois de que este martes se producira o cese do conselleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Faustino Santiago Lema, aínda que non hai unha confirmación oficial.

Segundo fontes cercanas, son varios os concelleiros que están descontentos con certas decisións do alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, quen durante o pleno celebrado telematicamente este martes, sacou á última hora un punto co que pretendía destinar máis de 26.000 euros á partida de gratificacións por produtividade persoal. Ao parecer, a forma de repartir estas gratificacións faise de forma arbitraria, algo que non comparten nin a oposición nin algúns dos membros do equipo socialista.

Non é a primeira vez que Carballido se atopa en situacións de discrepancia con algúns compañeiros de partido, polo que haberá que agardar á confirmación oficial tanto do cese de Faustino Santiago como de se existe ou non un desacordo dentro do goberno local.