Pablo Casado interveu este mércores en ton de despedida na que podería ser a súa última sesión de control ao Goberno como líder da oposición no Congreso dos Deputados. Tras perder o apoio en todos os sectores do PP e co seu liderado pendente dun fío, Casado deixou os ataques ao Executivo para facer unha reflexión serena: “Eu entendo a política como a defensa dos máis nobres principios e valores, o respecto aos adversarios e a entrega aos compañeiros. Todo para servir a España e á causa da liberdade”. Ao finalizar a súa intervención, foi ovacionado polo seu grupo parlamentario, que se puxo en pé entre aplausos.
Carromero
O que fose director xeneral de Cordinación de Alcaldía do Concello de Madrid, Ángel Carromero, deuse de baixa como afiliado do PP, en plena crise interna, polo que deixou de ocupar os seus cargos dentro do partido en Madrid, segundo informaron fontes ‘populares’. Carromero era presidente do Comité Electoral e do distrito do PP de Chamartín e a pesar de que a súa dimisión do Concello produciuse o xoves pola tarde aínda mantiña os seus cargos no partido. Este mércores confirmou que abandona a política.