Cristiano Ronaldo ficha polo Manchester United

0 minutes read

O Manchester United anunciou este venres a fichaxe do dianteiro portugués Cristiano Ronaldo, que volve ao club inglés 12 anos despois da súa saída rumbo ao Real Madrid e tras desvincularse da Juventus.

«O Manchester United comprácese en confirmar que o club chegou a un acordo coa Juventus para o traspaso de Cristiano Ronaldo, suxeito a acordo de condicións persoais, visado e recoñecemento médico», anunciou o equipo inglés nun comunicado.

Segundo medios británicos e italianos, o United desembolsou 25 millóns de euros ao cadro turinés para facerse cos servizos do astro portugués.