Segundo explica o centro CR7 Fitness by Crunch nun email enviado masivamente a todos os seus clientes. O centro de adestramento situado no centro comercial Marineda City «procederá ao peche definitivo da instalación», o xoves 8 de decembro, «por motivos alleos á nosa vontade». Tal e como di o comunicado, «vémonos obrigados a tomar esta medida por cuestións contractuais relacionadas coa anterior propiedade que afecta á continuidade da nosa empresa na Coruña«.
Non se especificaron máis motivos, aínda que a anterior propiedade pode facer referencia a RockGym, o ximnasio que ocupaba ese mesmo local e que foi adquirido pola cadea de Cristiano Ronaldo a mediados de 2020. No comunicado piden desculpas aos usuarios do ximnasio, anuncian que devolverán o recibo do mes de decembro, e tamén confirman que reembolsarán aos clientes os meses que fosen pagados por adiantado. O ximnasio de Cristiano Ronaldo na Coruña será ocupado por un da marca Fitness Park.