Cristiano Ronaldo, positivo por coronavirus


Cristiano Ronaldo, exfutbolista do Real Madrid e que actualmente milita nas filas da Juventus de Turín, deu positivo por Covid-19 segundo comunicou a Federación portuguesa de fútbol. Por este motivo, o xogador abandonou a concentración da selección, coa que ía enfrontarse a Suecia este martes. A Federación informou que Cristiano Ronaldo está “ben, sen síntomas e en illamento”. Tras o positivo de Ronaldo, o resto de xogadores da selección de Portugal sometéronse a probas este martes e todos os resultados foron negativos.