47
En total están previstos 12 obradoiros, xa que na maioría das parroquias haberá dúas quendas. Os talleres constarán de tres sesións de dúas horas de duración cada unha. Un total de 156 persoas están anotadas para participar nesta segunda edición dos cursos para mellorar o manexo do teléfono móbil, organizados pola Concellaría de Terceira Idade e impartidos pola Cruz Vermella. O ano pasado participaron un total de 280 persoas, permitindo á xente maior seguir familiarizándose coas novas tecnoloxías de uso cotiá.