Cruz Vermella denuncia varias estafas en Cee coa guerra de Ucraína como cebo

1 minutes read
  • Varias persoas piden cartos en efectivo, porta por porta, facéndose pasar por voluntarios da organización

O Concello de Cee fixo pública na súa rede social de Facebook unha denuncia de Cruz Vermella por varias estafas na localidade usando como cebo a recadación de cartos para enviar aos refuxiados da guerra en Ucraína.

A entidade explica que varias persoas se fan pasar por voluntarios da Cruz Vermella pedindo cartos porta por porta, unha actividade que negan rotundamente desde a organización asegurando que «nunca piden cartos en efectivo polas vivendas, rúas ou mercadillos para ningún tipo de causa». Recomendan facer calquera tipo de doazón a través das canles oficiais.