A portavoz de Cs, Inés Arrimadas, confirmou tras reunirse co líder do PP, Pablo Casado, no Congreso que o Partido Popular mantén a súa negativa para concorrer en coalición ás eleccións galegas co partido laranxa e recoñeceu que segue o «escollo» en Galicia.
A punto de que acabe o prazo para rexistrar as coalicións para as eleccións galegas do 5 de abril, Arrimadas dixo nunha comparecencia no Congreso que non tira a toalla e chamará persoalmente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, para tentar que saia adiante a coalición ata o último minuto. É a primeira reunión que mantiveron Arrimadas e Pablo Casado para abordar a posibilidade de concorrer cunha candidatura de coalición nas tres comunidades que celebran eleccións este ano.