Cuantiosos danos materiais e unha persoa ferida nun accidente en Carballo

1 minutes read

Unha persoa resultou ferida de consideración e tivo que ser evacuada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) tras unha saída de vía dun turismo en Carballo. O accidente produciuse ás 14:20 horas deste luns na rúa Cuba, próxima á intersección coa avenida Ponte da Pedra. Un turismo Hyundai saíuse do carril de circulación impactado contra outros tres vehículos estacionados na vía. Ademais dunha persoa ferida, os danos materiais foron cuantiosos nos catro turismos, un deles quedou subido á beirarrúa e encaixado no portal dun edificio, polo que foi necesario retiralos con guindastre. Ao lugar, alertados polo 112, acudiu unha ambulancia do 061 e a Policía Local.