Cuantiosos danos materiais tras arder unha nave en Camariñas

A nave e propiedade dunha empresa de instalacións eléctricas está situada na parroquia de Xaviña, malia virulencia das lapas ningunha das casas lindeiras sufriu danos. O lume espallouse con rapidez e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Cee e Santa Comba para tratar de atallalo. Ata sete unidades participaron nos labores de extinción, xa que no interior había gran cantidade de material de traballo almacenado e coches, e tamén combustible que, finalmente, non se viu afectado. Xunto aos danos estruturais as perdas en material son cuantiosas, entre elas 4 coches, 2 motos e unha carretilla elevadora. Á espera de que se investigue a orixe do incendio e da avaliación do seguro o dono só pensa en poñer de novo a empresa a funcionar. Agradece o apoio recibido dos veciños e mesmo de empresas doutros concellos que lle ofreceron axuda para que poida seguir a realizar o traballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha