Cuantiosos danos nun accidente de tráfico en Ponteceso


O sinistro produciuse pasadas as seis da tarde deste domingo a 50 metros da gasolineira situada na estrada xeral AC-419. Chocaron unha furgoneta Mercedes e un Patrol. Os danos materiais foron cuantiosos, pero afortunadamente sen danos persoais de importancia. Unha vez dada a voz de alarma polo 112 Emerxencias Galicia, ao lugar acudiron o GES e Protección Civil de Ponteceso, así como a Garda Civil de Tráfico. O carril sentido a Buño estivo cortado mentres non se retiraron os vehículos implicados no accidente polo que se produciron algunhas retencións.