Cuarta entrega do ‘Eu Son Camariñas’ con ‘Ito’, armador e patrón do buque Apostol

1 minutes read
  • O protagonista reivindica os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión

O Concello de Camariñas publicou a cuarta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’, que nesta ocasión lle dá voz a Evaristo Antelo López, ‘Ito’, un armador que está á fronte da súa propia embarcación pesqueira, o buque Apostol.

‘Ito’, reivindica «os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión» e no vídeo conversa sobre o presente e o futuro desta. Licenciado en Mariña Civil «Sección Puente» na Universidade da Coruña, enrolouse na mariña mercante, na cal traballaría durante anos antes de volver a súa vila natal. En Camariñas faise cargo da súa propia embarcación cos cargos de patrón e armador. Máis de 10 anos de experiencia dende a ponte de mando aválano como unha das voces máis respectadas da zona a hora de falar da pesca.

‘Eu son Camariñas’ é un un proxecto municipal creado para dar visibilidade a aqueles veciños que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Cada mes publicarase na web do proxecto un vídeo cunha entrevista a unha persoa de Camariñas que destaque por algún dos puntos anteriormente mencionados.