Cuarto posto para os deportistas da A.D. Fogar no Galego de Tríatlon Sprint celebrado en Ferrol

Tras a celebración do XXIII Tríatlon Cidade de Ferrol, proba que acolleu tamén o Campionato Galego de Tríatlon na distancia sprint e onde os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros estiveron representados por 9 dos seus triatletas, callaron unha moi boa actuación conxunta. Cuarto posto masculino por equipos a tan só 1 segundo do bronce con Adrián Sancho como 11º clasificado absoluto e 4º júnior, Iago Prada como 15º absoluto e 6º júnior e Hugo Souto como 23º absoluto e 8º júnior. Na categoría xuvenil Lucas Prada rematou 9º e na sub 23 Álvaro Elizalde foi 10º, David Murado 11º e Rubén Otero 12º.

Related posts

A vindeira semana comezarán os traballos de mellora no campo municipal Platas Reinoso de Baio 

O Bueu Atlético Balonmán recibe e ao Calvo Xiria nun encontro crucial da Primeira Estatal

Nuno Moure bateu o récord absoluto da AD Fogar de medio maratón