Cuba inicia os ensaios en humanos da súa vacina contra a COVID-19

1 minutes read

Cuba iniciará a próxima semana os ensaios clínicos dunha vacina contra o coronavirus de produción propia, que podería estar dispoñible a principios de 2021. A vacina chamarase soberana 01 e desenvolveraa o instituto Finlay de Vacinas. Unhas 600 persoas de entre 19 e 80 anos ofrecéronse para os ensaios, que se realizará en dúas etapas: a primeira, comezará este luns 24.

Cuba, que conta cunha incidencia de coronavirus moi inferior á doutros países da zona, espera que a resposta inmune dos que se sometan ao test sexa superior en polo menos un 50 % . O país xa desenvolveu con éxito vacinas contra a meninxite ou o cancro de pulmón entre outras enfermidades.

Con 11 millóns de habitantes, a illa logrou conter á pandemia do novo coronavirus, con 3.408 casos, 88 deles falecidos e 2.794 curados. Un recente rebrote obrigou ás autoridades a reforzar as medidas de prevención na Habana.