Cuba comeza o seu adestramento para volver a afrontar un novo período de escaseza e penurias económicas. «Hoxe é outro o panorama en canto á diversificación da economía, pero temos que estar preparados para a peor variante», manifestou o primeiro secretario do Partido Comunista, Raúl Castro, en referencia ó “Período Especial”. Esta foi unha época que moitos cubanos lembran con malestar, pois cando o colapso soviético os deixara sen combustible, producíranse grandes apagóns (de ata 12 horas diarias), duros recortes nos alimentos e o seu Produto Interior Bruto caera un 36% entre 1990 e 1993.
Con dificultades para conseguir divisas estranxeiras pola crise que afecta a Venezuela e as sancións dos Estados Unidos, o goberno de Cuba informou que reducirá as súas importacións e que revisará as empresas que hoxe teñen esa labor para presionar pola substitución das súas compras externas.
Actualmente, a illa recibe a metade do seu petróleo de Venezuela con plans de créditos brandos ó tempo que moitos dos seus ingresos dependen da venta de servizos profesionais a dito país, pero tamén ten grandes ingresos grazas ao turismo.