En menos de 24 horas cubríronse as prazas para o obradoiro de ilustración que impartirán Cristina Castro e Mon Lendoiro na biblioteca da rúa San Xoán de Carballo.
Trátase dunha nova actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 11 anos e tamén a persoas adultas que queiran iniciarse no mundo da creación plástica. Será ao longo dos meses de marzo e abril un obradoiro de ilustración, caricatura, manga e humor gráfico no que seguramente se descubrirán novos valores artísticos.
Este é o programa:
- 2 de marzo: A ilustración
- 9 de marzo: A caricatura
- 16 de marzo: O collage
- 23 de marzo: O humor gráfico
- 30 de marzo: A ilustración infantil
- 6 de abril: Construíndo personaxes
- 13 de abril: O cómic europeo e o manga
- 20 de abril: A caricatura dixital. Entrega de diplomas