As medidas de seguridade, como barreiras de protección ou o propio asfalto, da nacional 541 non se corresponderían co tráfico que soporta esta estrada. Iso apunta un informe dunha plataforma cidadá que sinala que as consecuencias do accidente de Noiteboa se puideron evitar.
“O sistema de contención que había na ponte non é un H2 nin H3, penso que como moito é nivel 1. Se houbese un sistema H2 podería ser que se protexese un autobús”, explica Juan Carlos Toribio, da Unión Internacional para a Defensa dos Motociclistas.
O delegado do Goberno pediu que se deixe traballar os responsables da investigación oficial con todos os datos. “Cando teñamos o resultado do informe oficial, farémolo público e se acometerán as melloras se son necesarias”, detallou José Miñones.
Sete alcaldes de concellos por onde pasa a estrada reclaman melloras na vía con urxencia. No sinistro do autobús que facía o percorrido Lugo-Pontevedra perderon a vida sete persoas.