A capital de Bergantiños acolleu este venres a implantación de “Cuka cociñas”, unha empresa especializada no deseño, construción e montaxe da cociña dos teus soños. Profesionais cunha dilatada experiencia no ramo deron un paso máis para ofrecer un servizo completo á carta dunha das estancias máis importantes dunha vivenda, a cociña.
Dano a coñecer como “cociña bergantiñá” pois todos os seus mobles son fabricados na comarca e o seu compromiso é fomentar o emprego local como reza o seu lema: “Fabricado en Bergantiños, deseñado en Carballo, espírito coristanqués”
Este venres 23F, pola tarde, foi a inauguración e presentación pública da exposición. Máis de 500 m2 para poder ver de cerca todo luxo de detalles, a partir de agora xa se atenderá ao público de forma continuada e mesmo por cita previa para unha atención máis personalizada acorde ao estudo de cada caso ou proxecto. E falando de proxecto… preséntancho completo en 3D polo que podes ver todo o deseño en tres dimensións cos acabados que xa elixiches previamente, e por se esto fose pouco en VR (Realidade Virtual) co que a través dunhas lentes de realidade aumentada podes introducirte de cheo na túa cociña!.
Cuka cociñas trátase dunha iniciativa do empresario Lois Pose, que tras anos de experiencia no sector da fabricación deu o paso a poñer no mercado a súa propia marca. A exposición atópase situada na rúa Isaac Albéniz, a que dá acceso ao polígono de Bértoa desde a rotonda situada na AC-552.
As marcas máis punteiras en electrodomésticos como complemento, mecanismos de primeira calidade, resinas modernas e duradeiras, porcelánicos nunha ampla gama de cores e acabados para encimeras, ou electricidade led intelixente sen interruptores, son algunhas das características que destacan nos deseños de Cuka cociñas e que ademais se fabrican a un prezo de mercado moi competitivo.
Lois Pose explica que Cuka, a maiores, “dálle unha liberdade e flexibilidade ao cliente para adaptar e aproveitar todo o mobiliario ao espazo dispoñible en cada vivenda, facéndoa máis persoal e adaptada, sen estar condicionado a medidas estándar de fabricantes por volume, habitualmente de 60 ou 90 Cm”. Ademais, se o cliente o desexa, Cuka cociñas pode asesorar en obra ou facerse cargo da mesma, albañilería necesaria, fontanería, electricidade, pintura, cunha entrega chave en man. Máis info en cukacocinas.com