Culleredo acolle a Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina de balonmán

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o concelleiro de Deportes, Miguel Súarez; o presidente da FGBm, Bruno López; o presidente do BM Culleredo, Anxo Canedo; ademais do coordinador do club e do adestrador do primeiro equipo.

Esta fin de semana celebráse unha das citas máis importantes da tempada para o balonmán galego: A Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina. Os oito equipos participantes loitarán por unha praza na fase de ascenso de cada unha das súas categorías.

Na masculina, Indupor Porriño (2º clasificado en Liga), Acanor Novás (5º), Hospital Capilar Poio Artai (3º) e BM Culleredo (4º) loitarán por vencer a Final Four e lograr a segunda praza na fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina (a outra praza xa a ten o campión galego, UB Lavadores).

Na Final Four Feminina, os equipos participantes son: CdeC Lavadores (2º clasificado), BM Tui (vencedor do grupo pola Final Four), Calvo Xiria (3º), Forbe Reconquista de Vigo (4º).  O campión galego foi o Asmubal Meaño e ao remate das Final Four entregaranse os premios do campionato galego en ambas categorías.

Sábado 23

Semifinais sénior Feminina

11:00 horas: CALVO XIRIA – FORBE RECONQUISTA DE VIGO

13:00 horas: CDEC LAVADORES VIGO – CLUBE BALONMAN TUI  

Semifinais sénior masculina

16:00 horas: INDUPOR BM PORRIÑO – ACANOR ATLETICO NOVAS            –            

18:00 horas: HOSPITAL CAPILAR POIO ARTAI – BALONMÁN CULLEREDO

Domingo 24

10:30 horas: 3º e 4º posto – Sénior masculina

 12:30 horas: 3º e 4º posto – Sénior feminina

Finais

16:30 horas: Sénior feminina

18:30 horas: Sénior masculina

20:00 horas: Entrega de trofeos

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha