Culleredo | Adxudicada a construción dunha senda peonil en Peiro

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por case 250 mil euros as obras de construción dunha senda peonil na estrada DP-3109 de Peiro á Veiga, no Concello de Culleredo. 

O proxecto suporá a construción dunha senda peonil entre os PK 6,8 e 7,6 da DP-3109 ao seu paso polos núcleos de Peiro e Veiga. Nas entradas a garaxes e predios o pavimento será substituído por lastro prefabricado sobre formigón para evitar a fisurado primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da estrada,que constará de 2 carrís de 3 metros de ancho separados da senda por un bordo, simplemente se acondicionará xa que actualmente está en bo estado.

«O obxectivo desta actuación é dotar ás numerosas vivendas existentes na zona dun itinerario peonil seguro», explicou o  alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, que destacou que as obras responden a unha demanda histórica da veciñanza da zona e suporán unha notable mellora da seguridade para os desprazamentos a pé dos viandantes.