Culleredo contará cunha nova senda peoníl

  • Será na estrada DP-3019 de Peiro a Veiga.

As obras, que veñen de ser aprobadas por unanimidade na comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña, serán referendadas definitivamente polo Pleno provincial este venres, 26 de abril, contan cun orzamento de 291.695,03 euros.

Suporán a construción dunha senda peonil entre os PK 6+850 e 7+650 da DP-3019 ao seu paso polos núcleos de Peiro e Veiga. Nas entradas a garaxes e predios o pavimento será substituído por lastro prefabricado sobre formigón para evitar a fisura do primeiro debido ás cargas de tráfico que soportará. O pavimento da estrada, que constará de 2 carrís de 3 metros de ancho separados da senda por un bordo, simplemente se acondicionará xa que actualmente atópase en bo estado.

O obxectivo desta actuación é dotar as numerosas vivendas existentes na zona dun viario peonil seguro a ambas marxes da calzada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha