Culleredo e Carballo acollen a Final Four Deputación da Coruña de balonmán

Foto.- Patry Rivas.

O pavillón municipal de Tarrío, en Culleredo, e o pavillón de deportes Vila de Noia de Carballo acollen o vindeiro domingo, 16 de maio, e o luns 17, a Final Four da Deputación da Coruña de balonmán, organizada pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa institución provincial coruñesa. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e o presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blasquez, serán os encargados de entregar os trofeos os equipos gañadores da Final Four Deputación da Coruña, a partir das 20.00 horas.

As semifinais disputaranse o domingo en Cullerdo cos seguintes partidos e horarios:

DOMINGO, 16 DE MAIO. Pavillón de Tarrío. Culleredo.

SEMIFINAIS FEMININAS

12.00 h. Club Balonman Tui- Cíes Obra Civil Bm. Chapela

16.00 h. Bm SD Samertolameu- De Pueblo Carnicería Pabellón

SEMIFINAIS MASCULINAS

18.00 h. Bm Culleredo – Acanor Atlético Novás Valinox B

20.00 h. MC360 Poio Artai- Bm Porriño

LUNS, 17 DE MAIO. Pavillón Vila de Noia. Carballo.

11.00 h. 3er e 4º posto 1ª Autonómica Feminina

13.00 h. 3er e 4ª posto 1ª Autonómica Masculina

FINAIS

16.30 h. Final feminina

18.30 h. Final masculina