Os traballos de dotación de iluminación con tecnoloxía LED acábanse de completar no Burgo e Acea de Ama, cun investimento de case 230.000 euros, financiados en parte con cargo ao Plan Único da Deputación.
Substituíronse os puntos de luz antigos por outros que usan esta tecnoloxía LED, que á vez que supoñerá un menor impacto ambiental, xerará un menor custo para as arcas municipais. Tamén se reformaron os cadros eléctricos sumando proteccións contra as posibles sobretensións, reducindo así en todo caso as posibles incidencias que se poidan producir nas distintas zonas coa nova instalación.
O alcalde e deputado provincial, José Ramón Rioboo, destaca o «aumento de prestacións» que se logra coa nova iluminación. «Temos maior luminosidade, á vez que se garante a eficiencia enerxética», afirma. Outro dos beneficios será a mellora da seguridade e o aforro que se logrará na factura eléctrica.