Culminada a asistencia de Galicia en Fitur con máximos históricos de participación

2 minutes read

A promoción do destino Galicia na Feira Internacional de Turismo, Fitur, rematou con elevados índices de participación tanto nas xornadas profesionais como nas do público xeral. Ao longo dos cinco días nos que se celebrou a feira, a Comunidade galega amosou e promoveu novos produtos e experiencias turísticas vencelladas, entre outras, co Camiño de Santiago, a natureza, a gastronomía ou a auga, a temática na que se centraba o novo expositor institucional de Galicia, que acolleu preto de medio cento de presentacións.

Un expositor que resultou premiado pola organización da Feira, polo seu deseño, atención ao público e calidade dos materiais de promoción, convertendo á Comunidade galega nunha das máis premiadas na historia do certame. O stand acolleu, ademais, presentacións e degustacións de productos gastronómicos, así como unha mostra de artesanía galega a cargo de dúas redeiras da Asociación de Redeiras de Corme. Tamén de música e cultura galegas a cargo de Ailá, Mondra e Lil Kids durante a fin de semana na que tamén se contou cunha representación dos persoeiros dos Entroidos galegos.

Proba do éxito de afluencia ao expositor galego foi que se esgotaron gran parte do material promocional durante a fin de semana. O espazo de negocios xestionado polo Clúster de Turismo de Galicia acolleu un total de 400 reunións nas que participaron máis de 1.500 profesionais do sector, a cifra máis alta de participación acadada ata o momento. México, Portugal e Estados Unidos foron os principais países que se interesaron polo destino Galicia.

Fitur é a primeira gran cita de promoción turística na que participa Galicia cada ano, á que lle darán continuidade durante este 2024 ao redor de 30 feiras de ámbito nacional e internacional dentro do plan anual de promoción do destino organizado por Turismo de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?