- As actividades estenderanse ata o 27 de novembro
O Concello de Muxía fixo pública a súa programación ‘Cultura Outonal’ que chega cargada con diversas actividades e para todos os públicos. Á presentación oficial acudiron o alcalde, Iago Toba, e a edila de Cultura e Xuventude, manifestando que coas próximas citas se producirase unha «explosión cultural» na vila ofrecéndolle á veciñanza a «oportunidade para saír de casa, gozar da nosa vila e pasar un rato agradable en familia», destacou a concelleira. Por outra banda, o rexedor salientou que «aínda en momentos difíciles como os que estamos a vivir, este goberno local aposta pola cultura segura».
As actividades xa se iniciaron esta pasada fin de semana coa Ruta dos Naufraxios e a presentación da Asociación Amigos de Gervasio Sar (sábado 2), se ben estas desenvolveranse ata o 27 de novembro.
Durante o mes de outubro chegarán á vila da Barca a obra Conexión Pingüín (sábado 9); o evento gastronómico-showcooking Xacobeo (Secadoiro dos Cascóns, martes 12), a produción A parábola do angazo de Talía (sábado 16), a función Manola de A Laberca (sábado 23), A cabaza encantada de Teatro Calavera (sábado 30) e Os Bolechas (domingo 24).
O mes de novembro tamén vén cargado de eventos: Sós de Malasombra Producións (sábado 6), Finisterrae de O último ultramarinos (sábado 13), Titanic de Cayetano Lledó (sábado 20) e #2 Pilgrims de Redrum Producciones (sábado 27).
Todos os espectáculos, agás o evento de showcooking, terán lugar no Salón de Actos. Os dirixidos ao público adulto custarán 1 euros, mentres que os de público familiar serán gratuítos.