O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada territorial, Corina Porro, afirman que co obxectivo de afondar na reflexión do que supón e significa o Nadal, a Xunta decidiu impulsar varias iniciativas solidarias vinculadas coa promoción e posta en valor desta festividade en Galicia. A finalidade do Goberno galego é contribuír a que os vigueses conten cunhas festas de calidade que se espallan por toda a cidade e das que gocen todos os cidadáns e visitantes.
Este espazo solidario terá lugar no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e 5 de xaneiro en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos, con actividades ao longo de todo o día. Unha iniciativa especialmente pensada para as familias e que contará cun espazo solidario, tendo en conta que estas datas son especialmente difíciles para algunhas persoas.