Cume da UE en Kiev

Ucraína e a Unión Europea pecharon filas este venres en Kiev nun cume na que se trataron, entre outras cuestións, o apoio fronte á invasión rusa e o proceso de adhesión ao club comunitario como país candidato.

Apoiarémoslle en cada paso do seu camiño cara á UE”, dixo nun chío o presidente do Consello Europeo, Charles Michel.

Michel participa no cume xunto ao presidente ucraíno, Volodímir Zelenski; a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o alto representante da UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell.

Von der Leyen e Borrell chegaron a Kiev para asistir ao primeiro encontro entre membros da Comisión Europea e do Gobierno ucraíno, no que o Executivo comunitario declarou que manterá o seu apoio “o tempo que sexa necesario” e ofreceron maior integración coa UE.

O cume deste venres é a vixésimo cuarta entre as dúas partes, pero a primeira que celebran desde o inicio da guerra o 24 de febreiro de 2022 e desde que o Consello Europeo concedeu a Ucraína o estatuto de país candidato a entrar na UE.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha