Cume do Porto | Vacúas, pasaporte covid e acordo coa India


O cume social da Unión Europea no Porto derivou no seu último día cara aos temas candentes da COVID-19 e, en particular, a cuestión da liberalización das patentes sobre as vacinas. Os líderes europeos evitaron pronunciarse de forma contundente e devolveron a pataca quente a Estados Unidos ao pedir a Washington que faga propostas concretas que sirvan de base para sentarse a negociar. A UE opina que a produción e exportación de vacinas desde as fábricas existentes é o mellor método para responder rapidamente á demanda mundial. Polo que se refire ao certificado de viaxe ou pasaporte COVID, a presidenta da Comisión Europea asegurou que estará operativo en xuño. Ademais retomáronse as negociacións, suspendidas desde 2013, para alcanzar un acordo de libre comercio entre a Unión Europea e a India.