Kim Jong Un acusa a Estados Unidos de «mala fe»
O líder norcoreano, Kim Jong Un, cre que a situación na península coreana depende da «actitude» de Estados Unidos, acusou a este país de «mala fe» e dixo que o seu réxime está preparado para calquera «situación posible».
Os comentarios foron feitos na reunión que tivo Kim este xoves co presidente ruso, Vladimir Putin, e reproducidos este venres pola axencia norcoreana KCNA. Kim non fixo declaracións ao final dese cume con Putin, na cidade rusa de Vladivostok.
«Estados Unidos adoptou unha actitude de mala fe»no segundo cume que tiveron Kim e o presidente estadounidense, Donald Trump, en febreiro pasado, asegura KCNA que Kim lle dixo a Putin na reunión deste xoves en Vladivostok.