- A primeira ministra, Theresa May, solicita un novo prazo ata o 30 de xuño
Theresa May insiste en que o seu obxectivo é conseguir unha prórroga da saída do Reino Unido da Unión Europea (UE) antes do 30 de xuño. De feito, mantén que abandonarán antes a UE se o Parlamento saca adiante o seu acordo de saída. Á chegar ó cumio extraordinario en Bruselas, May limitouse a repetir que «Reino Unido tería que ter saído xa, pero o Goberno mais eu seguimos traballando para encontrar unha saída. Queremos unha extensión que nos dé máis tempo, pero é importante que calquera prórroga nos permita saír en canto ratifiquemos o noso acordo para comezar a construir o noso futuro», unha opción que espera que se produza o 22 de maio, para evitar participar nas eleccións europeas.
Os 27 socios comunitarios coinciden en que é necesario aprazar o «Brexit», pero non se poñen de acordo sobre a data nin as condicións. O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, plantexou que a prórroga durara ata un ano, con certas condicións, pero algúns países encabezados por Francia, resístense a esperar tanto, pois teñen medo a contaxiarse do caos político que hai no Reino Unido.