O rei de España, Felipe VI, e o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, asistiron ao XXVIII Cumio Iberoamericano. Filipe VI afirmou que os cumios iberoamericanos son, pola súa continuidade e actividade, unha iniciativa de éxito, que tecen tamén os propios cidadáns. Pedro Sánchez afirmou que agora máis que nunca convén actuar unidos para conseguir sociedades máis xustas, tras recordar que a pandemia e a guerra en Ucraína empeoraron as taxas de pobreza. Destacou tamén as fortalezas da rexión e avogou por que Iberoamérica teña voz propia no mundo. Neste sentido, comprometeuse a impulsar o seu nexo coa Unión Europea, cando asuma a presidencia dos 27 no segundo semestre deste ano.