Cúmprense 141 anos da fundación do PSOE

1 minutes read

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, dirixiuse este sábado aos socialistas con motivo do 141 aniversario do nacemento, na clandestinidade, do partido que fundou Pablo Iglesias en 1879 en Madrid. “Sintamos o orgullo de seguir traballando polo noso país” en momentos “transcendentais como o que estamos a vivir agora”, demandou.

Este aniversario celébrase nunha efeméride especial na que apelou á unidade e a xustiza social fronte á crise do coronavirus. Este día conmemórase a fundación do partido que Pablo Iglesias Posse e outras 24 persoas comezaron na taberna Casa Labra da rúa Tetuán de Madrid, dando lugar a un proxecto político que se converteu xa no máis lonxevo de toda España.

O líder do partido en Galicia, Gonzalo Caballero publicou o seu orgullo socialista no seguinte Tweet:

O PSOE, nun acto en Estremadura, subliña que da crise provocada pola COVID-19 só pódese saír con unidade de acción, un reto que asume tras 141 anos de historia nos que o partido «sempre foi útil a España e a Estremadura».

https://twitter.com/psoeex/status/1256478529333624833