Cúmprense 35 anos do embarrancamento do Casón en Fisterra

Casón_Arquivo rtve

Este luns, 5 de decembro, cúmprense 35 anos do sinistro do Casón na Costa da Morte. O barco embarrancou ao sur da praia do Rostro en Fisterra. Faleceron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa. O Casón transportaba unha carga de 1.100 toneladas de produtos tóxicos e corrosivos. A vertedura e posterior incendio da súa carga provocou unha gran alarma social e decidiuse evacuar a toda a poboación de Fisterra, Cee e Corcubión cara á Coruña. O Goberno central decidiu levar a carga ao cuartel de infantería de Parga, pero unha barricada veciñal impediu o acceso dos camións. Logo decidiu trasladala a Alumina-Alumnio en San Cibrao, e foi o comité de empresa o que impediu o paso dos camións. O custo do Casón superou os 20.000 millóns de pesetas da época, foi o sinistro máis caro da historia do seguro en España.