Cumpríronse 17 anos do accidente do Prestige

1 minutes read

O 13 de novembro de 2002 o petroleiro, cargado con 77.000 toneladas de fuel, sufría unha fenda no casco cando navegaba pola Costa da Morte.

Seis días despois, partía en dous e afundíase, o que causou unha marea negra sen precedentes. Unha das maiores catástrofes medioambientais, que afectou máis de 1.700 quilómetros de costa desde Portugal ata Francia, a peor parte levouna Galicia.

A sentenza polo sinistro do Prestige chegou en 2013 coa única condena do capitán do petroleiro, pero hoxe, 17 anos despois o pagamento das indemnizacións aínda non concluíu, nin tampouco as obras prometidas tras a catástrofe.