Cumpriuse un mes desde que comezou a erupción volcánica en Cumbre Vieja


As coadas xa destruíron case 2.000 edificacións e cobren máis de 800 hectáreas. A illa da Palma non deixou de tremer lembrando cada día aos seus veciños que en calquera momento poden ser evacuados a outro lugar. De momento hai uns 7.000 damnificados. Segundo os expertos a erupción do volcán “segue forte” e prevese que a segunda coada chegue ao mar en poucas horas. En canto á evolución da erupción, o portavoz de Involcan manifestou que se mantén “estable dentro da fortaleza”, pois emite “moitísima” lava e segue tirando gases que ao parecer van seguir “un tempo longo”. A actividade non cesa e ata que non emita menos de 400 toneladas de dióxido de xofre ao día non poderá dicirse que este inferno chega ao seu final.