Curso de elaboración de pinchos e tapas en Santa Comba


A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza un curso de formación de elaboración de pinchos e tapas cunha duración de 8 horas en horario de 17:00 a 19:00 h os martes e mércores, comezando o martes 30 de xullo e rematando o mércores 7 de agosto, na vivenda comunitaria de Santa Comba sita na rúa Ourense s/n.

O curso é de balde con prazas limitadas polo que si estás interesado en asistir deberás inscribirte a través do formulario que se adxunta e remitilo cuberto e asinado á Asociación.

Cartel do evento.