Curso de escaparatismo en Santa Comba

A Asociación de Empresarios de Santa Comba está a organizar un curso de escaparatismo este mes de xaneiro. Terá unha duración de 10 horas repartidas en cinco sesións de dúas horas cada unha, en días a determinar. Trátase dun curso gratuíto e presencial dirixido aos socios/as da entidade, ainda que no caso de que non se cubra un mínimo de alumnos esixido, a convocatoria abrirase ao público en xeral. O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 14 de xaneiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha