18
- Organizado pola área de Igualdade, o prazo de inscrición remata este venres 30
Xa está aberto o prazo para inscribirse ao curso de iniciación á informática e ao correo electrónico que se impartirá no concello de Camariñas do 2 ao 6 de agosto. Organizado pola área de Igualdade, realizarase na aula CeMIT de informática de 10:30 a 12:30 horas.
Esta acción formativa é gratuíta pero as prazas son limitadas. A data límite para anotarse será o venres 30 de xullo, ata as 12 horas, na Casa de Pedra.