Os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso, recibiron un curso especializado intensivo, teórico e práctico sobre as posibilidades e funcionalidades do novo camión de extinción de incendios que acaba de entrar a formar parte do equipamento deste grupo de emerxencias.
A formación levouse a cabo dentro da nave municipal que ten alugada o Concello no Parque Empresarial de Tella ao carecer o grupo de emerxencias dunha nave específica.
Esta é unha das reivindicación que prometera ao alcalde a Xunta de Galicia cando era vicepresidente Alfonso Rueda, asinar un convenio co concello para o grupo de emerxencias.
O grupo de emerxencias da servizo a cinco concellos da comarca e debe ter un edificio específico para albergar toda a súa maquinaria sin que estea á intemperie sufrindo deterioro. Así o constatou o alcalde, Lois García, que presenciou o curso.