O Concello da Laracha pon en marcha a primeira edición formativa de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, dirixida as persoas desempregadas. Trátase dun dos poucos cursos homologados da comarca de Bergantiños, comezou esta semana con 15 persoas desempregadas e ten unha previsión de inserción laboral do 100%.
Este é un curso complexo e intenso no que o alumnado se formará durante o período que vai do 15 de marzo ata o 20 de xullo en xornadas de cinco horas de formación teórica e práctica aprendendo todos os contidos do certificado de profesionalidade, dende o apoio na organización de intervencións no ámbito institucional ata o apoio psicosocial, e atención relacional e comunicativa en institucións.
Tódolos módulos contarán cunha proba de avaliación que determinará se o alumnado supera dito módulo.
Para demostrar o aprendido nesta aula homologada o alumnado realizará prácticas reais en institucións públicas dependentes do Consorcio Galego de Igualdade da Xunta de Galicia ao longo do mes de xullo grazas a un convenio de colaboración.
Inicio Costa da Morte A Laracha acolle, para desempregados, un curso de atención sociosanitaria a persoas...