Cursos de formación sobre o uso de desfibriladores en Malpica

1 minutes read
  • Estes aparellos atópanse no pavillón municipal e nos campos de fútbol de Pedra Queimada, Xaviña e, desde este venres, no de Feira Nova

O departamento de Deportes do Concello de Malpica desenvolveu cursos de formación en primeiros auxilios para os traballadores do pavillón municipal e das instalacións municipais. Os asistentes recibiron os coñecementos básicos e necesarios para poder enfrontarse a situacións de emerxencia nas que, ademais, é preciso facer uso dos desfibriladores que teñen á súa disposición.

Actualmente os centros deportivos de Malpica que contan con estes aparellos son o pavillón municipal e os campos de fútbol de Pedra Queimada e Xaviña. Ademais, desde este venres súmase ao grupo o campo da Feira Nova.